jueves, 31 de marzo de 2016

1.1. Principios básicos del Sistema Democrático .


Democracia from Lidialu




1.           A España democrática.


1.1         Título

§  A España do século XX (desde a II República ata a actualidade).
§  A España democrática.

1.2         Obxectivos
§  Recoñecer as principais características na sociedade española actual e diferencialas das de principios do século XX.
§  Valorar os cambios da sociedade española do século XX e coñecer as experiencias políticas (democracia, ditadura, transición á democracia, etc.) que aconteceron no último século.


1.3         Contidos
1.3.1      Contidos conceptuais

§  Os séculos XX e XXI: o mundo actual. O século XX en España (síntese)

§  Análise e interpretación de gráficos, diapositivas, fotografías, etc.
§  Localización dos feitos históricos.
§  Secuenciación dos feitos mediante frisos históricos.
§  Identificación dos problemas da España actual.

§  Tipo da actividade: a distancia, de aprendizaxe e individual.
§  Temporalización: 45 minutos.
–      Tarefa 1: cinco minutos.
–      Tarefa 2: quince minutos.
–      Tarefa 3: quince minutos.
–      Tarefa 4: dez minutos.

§  Recursos:

–      Materiais: calquera texto da área de Ciencia sociais, xeografía e historia correspondentes a 4º de ESO; recoméndase o libro de Obradoiro-Santillana:
–      Tarefa 1: unidade 18, páxina 302 e 304.
–      Tarefa 2: unidade 18, páxina 308 e 309.
–      Tarefa 3: unidade 18, páxina 302 e 304.
–      Tarefa 4: unidade 18, páxina 302 e 304.

1.5         Descrición do que se vai aprender
Nesta unidade estudaremos a situación de España desde a morte de Franco ata a definitiva estabilización democrática. Veremos que o paso dun réxime ditatorial a outro democrático se produciu pola vía do diálogo, o consenso e a tolerancia. Diferenciaremos varias etapas neste proceso de consolidación da democracia. Así mesmo, prestarémoslle unha especial atención á Constitución de 1978, un dos exemplos máis significativos dese desexo de liberdade, tolerancia e convivencia pacífica que caracteriza este período.


2.           Descrición da actividade

2.1         Introdución
Trala morte de Franco en 1975, comezou en España a época democrática. O obxectivo da presente actividade é o de situar cronoloxicamente este período, diferenciando as etapas nas que se divide en función do partido político gobernante nelas: etapa de transición cara á democracia, durante a que goberna UCD (1975-1982); etapa de goberno do PSOE (1982-1996) e etapa de goberno do PP (1996-2004).
@  Realizaremos na primeira tarefa o proceso de secuenciación cronolóxica do período denominado “transición á democracia”.
& Pode ampliar os contidos relativos a esta unidade no libro de Obradoiro-Santillana de 4º de ESO, unidade 18, páxinas 302 a 311.
Igualmente, preténdese salientar os protagonistas máis destacados destas diferentes etapas (presidentes do goberno como Adolfo Suárez, Felipe González ou José María Aznar), así como os acontecementos máis relevantes producidos en cada unha delas.
@  Traballaremos con aspectos relacionados coas etapas da transición á democracia e os seus principais acontecementos na terceira tarefa.
@  Así mesmo, na cuarta tarefa analizaremos algúns dos feitos relevantes que protagonizaron personaxes destacados no período democrático en España.
Faise un especial fincapé na Constitución de 1978, que consolida en España un réxime democrático despois dos anos de ditadura da época franquista.
@  A segunda tarefa pretende centrar a atención nas características da Constitución que lle confiren ao Estado español o seu carácter democrático. Deberase saber diferenciar estas características dos trazos representativos dun réxime político totalitario.

2.2         Tarefas
§  Tarefa 1: Cronoloxía do período.
§  Tarefa 2: Características da Constitución de 1978.
§  Tarefa 3: Etapas e principais acontecementos de cada etapa.
§  Tarefa 4: Os protagonistas da España democrática.
Imos facer unha secuencia cronolóxica dalgúns dos principais acontecementos ocorridos en España trala morte de Franco. Repase os contidos e faga o que se pide.
§  Sinale na liña do tempo os seguintes acontecementos relacionados coa España democrática:
A) Morte de Franco
B) Aprobación da Constitución en referendo
C) Chegada ao poder do PSOE
D) Chegada ao poder do PP
Entre os retos máis importantes que tiña ante si España trala m
orte de Franco estaba o de dotarse dun novo marco político democrático, para o que era imprescindible a elaboración dunha Constitución que servise de marco común no que desenvolver a nova experiencia democrática en liberdade e en paz.
Repasaremos deseguido os trazos principais da Constitución de 1978.
§  Indique na columna da dereita se as características da Constitución de 1978 citadas na columna da esquerda son verdadeiras (V) ou non o son (F): 
CARACTERÍSTICAS
V/F
Proclama a soberanía nacional, que reside no pobo español, de quen emanan os poderes do Estado

Non recoñece os dereitos das persoas

A forma política do Estado español é a monarquía absoluta

Recoñece a existencia da pena de morte

Garante o pluralismo político a partir da libre creación de partidos

Só permite a existencia dun partido político

Rexeita calquera tipo de discriminación por razóns de nacemento, raza, sexo, relixión ou opinión

A forma política do Estado español é a monarquía parlamentaria

Os españois non son iguais ante a lei

Garántese a liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto dos individuos

CARACTERÍSTICAS
V/F
Proclama a Soberanía Nacional, que reside no pobo español, de quen emanan os poderes do Estado
V
Non recoñece os dereitos das persoas
F
A forma política do Estado español é a monarquía absoluta
F
Recoñece a existencia da pena de morte
F
Garante o pluralismo político a partir da libre creación de partidos
V
Só permite a existencia dun partido político
F
Rexeita calquera tipo de discriminación por razóns de nacemento, raza, sexo, relixión ou opinión
V
A forma política do Estado español é a onarquía parlamentaria
V
Os españois non son iguais ante a lei
F
Garántese a liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto dos individuos
V
O proceso de consolidación da democracia non foi doado; estivo salpicado de dificultades e de éxitos. Repasaremos deseguido algúns acontecementos destacados neste proceso.
§  Relacione os acontecementos da columna da esquerda co partido político que gobernaba en España cando sucedeu cada un deles, indicando na columna da dereita as siglas deses partidos (UCD, PSOE ou PP)
ACONTECEMENTOS
PARTIDO
Aumento da inmigración ilegal

Intento golpista do 23-F

Incorporación de España á Comunidade Económica Europea

Crise económica e política de reconversión industrial

Legalización dos partidos políticos

Establecemento da moeda única: o euro

Aprobación en referendo da Constitución

Aprobación da Lei de partidos para mellorar a loita contra o terrorismo

Ingreso de España na OTAN

ACONTECEMENTOS
PARTIDO
Aumento da inmigración ilegal
PP
Intento golpista do 23-F
UCD
Incorporación de España á Comunidade Económica Europea
PSOE
Crise económica e política de reconversión industrial
PSOE
Legalización dos partidos políticos
UCD
Establecemento da moeda única: o euro
PP
Aprobación en referendo da Constitución
UCD
Aprobación da Lei de partidos para mellorar a loita contra o terrorismo
PP
Ingreso de España na OTAN
UCD
A transición á democracia en España foi unha obra colectiva de todos os españois. Con todo, algúns personaxes merecen unha mención destacada polas súas inestimables contribucións neste proceso. Imos recordar algúns.

§  Complete as seguintes frases cos personaxes destacados durante as distintas etapas da España democrática que figuran na seguinte lista.
José María Aznar
Felipe González
Adolfo Suárez
Leopoldo Calvo Sotelo
“Os Pactos da Moncloa asináronse entre os distintos partidos políticos durante o goberno de ................................................
A decisión máis importante de ................................................ foi o ingreso de España na OTAN.
España incorporouse á Comunidade Económica Europea baixo o mandato de ................................................
En 1996, o PP gañou as eleccións, co que ................................................ pasou a ser presidente do Goberno.

“Os Pactos da Moncloa asináronse entre os distintos partidos políticos durante o goberno de Adolfo Suárez.
A decisión máis importante de Leopoldo Calvo Sotelo foi o ingreso de España na OTAN.
España incorporouse á Comunidade Económica Europea baixo o mandato de Felipe González.
En 1996, o PP gañou as eleccións, co que José María Aznar pasou a ser presidente do Goberno.


§  Calquera texto da área de Ciencia sociais, xeografía e historia correspondentes a 4º de ESO; recoméndase o libro de Obradoiro-Santillana:
–      Tarefa 1: unidade 18, páxina 302 e 304.
–      Tarefa 2: unidade 18, páxina 308 e 309.
–      Tarefa 3: unidade 18, páxina 302 e 304.
–      Tarefa 4: unidade 18, páxina 302 e 304.

No hay comentarios:

Publicar un comentario